Gammaproteobacterias

Gammaproteobacteria

Vibrio cholerae
Clasificación científica
Dominio: Bacteria
Filo: Proteobacteria
Clase: Gammaproteobacteria
Ordes

As gammaproteobacterias ou Gammaproteobacteria (ás veces escrito gamma-proteobacterias ou proteobacterias gamma) son un grupo de bacterias gramnegativas considerado unha clase dentro do filo Proteobacteria. Comprende bacterias importantes desde o punto de vista médico, ecolóxico e científico, como as Enterobacteriaceae (Escherichia coli), Vibrionaceae e Pseudomonadaceae. Un gran número de patóxenos importantes pertencen a esta clase, como por exemplo, Salmonella (enterites e febres tifoides), Yersinia (peste bubónica), Vibrio (cólera), Pseudomonas aeruginosa (infeccións pulmonares hospitalarias ou que afectan a pacientes de fibrose quística), e Klebsiella pneumoniae responsable de causar pneumonías. Tamén comprende un xénero que leva o nome de Galicia, Gallaecimonas.

Membros do xénero Chromatium son fotosintéticos e utilizan o sulfuro de hidróxeno en troques da auga na súa fotosíntese, expulsando xofre. Algunhas Gammaproteobacteria oxidan metano, e moitas delas viven en simbiose con animais que habitan chemineas oceánicas xeotérmicas.[1]

  1. R. Holt, Jack. "INTRODUCTION TO THE GAMMAPROTEOBACTERIA". Arquivado dende o orixinal o 21 de agosto de 2008. Consultado o 29 de xuño de 2012. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search